INSCRICIÓNS
Do 28 de Febreiro ao 28 de Marzo
1.- CUBRE O ANEXO 1 DAS BASES, ASINADO POLO PAI / NAI / TITOR
2.- ESCANEAO O ANEXO 1 ASINADO E O DNI DA PERSOA QUE O ASINA
3.- SUBE O TEU VÍDEO A YOUTUBE DE MANERIA QUE SEXA ACCESIBLE (PÚBLICO) AO NOSO XURADO
4.- CUBRE O FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN (GOOGLE FORMS PINCHANDO AQUÍ) E INTRODUCE O ENLACE AO VIDEO E ANEXA OS FICHEIROS ESCANEADOS DOS PASOS 1 e 2

BASES 2026
O TALENTIÑO 2026 VEN CON NOVEDADES
- ÁBRESE A TODA A PROVINCIA DA CORUÑA
- PREMIO DE 300 EUROS POR CATEGORÍA
- INCORPORAMOS NOVOS PREMIOS PARA FINALISTAS (CONSULTAR AS BASES)
GRAN FINAL NO TEATRO JOFRE O 12 DE ABRIL
5 Categorías Artísticas
As categorías do Talentiño…
Danza
2 subcategorías: Danza lírica e Danza Urbana
Vocalistas
Instrumentistas
Variedades
Dende Maxia monologuista, patinadores, performance…
O XURADO

Xabier Vizcaíno
FUNDADOR DO CERTAME
CANTAUTOR E COMPOSITOR
Xabier Pérez é un dos grandes cantautores da nosa terra. No seu último traballo «Neno de Monte» fai unha homenaxe ao mundo rural. O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias.

CAAMAÑO&AMEIXEIRAS
Sabela Caamaño (Acordeón) e Antía Ameixeiras (Violín e Voz)
Dúo galego vinculado á música de raíz cunha intensa traxectoria a nivel nacional e internacional. Tras o éxito do seu primeiro disco, Aire! , con colaboracións destacadas como a de Sílvia Pérez Cruz o dúo recibiu importantes recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música 2021. En Quitar o aire (2023), o seu último traballo resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos máis frontais e de músicas que se escapan das marxes dos xéneros.

Lucía Pérez
FUNDADORA DO CERTAME
CANTANTE
Lucía Pérez é unha cantante galega cunha dilatada traxectoria no mundo da música. Participou en numerosos certames e festivais chegando a representar a España no Festival de Eurovisión no 2011 en Düsserdolf (Alemania) sendo a primeira galega en conseguilo.

Eva Faraldo
FUNDADORA DO CERTAME
BAILARINA e docente
Eva Faraldo recoñecida bailarina actividade que compaxina coa súa labor docente como profesora no colexio do barrio Cruceiro de Canido. en actuado xunto o prestixioso bailarin Jesús Quiroga, así coma con Milladoiro ou Óscar Ibañez.
PRESENTADORES

JOAQUÍN ENRÍQUEZ
PRESENTADOR DO TALENTIÑO E FUNDADOR DO CERTAME
Joaquín Enríquez, conomista e docente na Universidade da Coruña. A música acompañouno dende neno, estudou acordeón no conservatorio de Ferrol. Ten presentado numerosas galas do Concello de Ferrol entre as que salienta a ferrolá «Noite das Pepitas». Colabora con diferentes medios de comunicación como Galicia Ártabra e a Cadena Ser (Radio Ferrol) ademáis presenta o magazine «Sábados no Cruceiro» en Radio Fene, R. Filispim e Cuac FM

REBECA COLLADO
XORNALISTA CADeNA SER
(radio ferrol)
Rebeca Collado García é licenciada en xornalismo e actualmente exerce a súa labor profesional na Cadena Ser en Radio Ferrol, así mesmo é unha das fundadoras do xornal dixital Ferrol360. Na procura de exercer todos os ámbitos do xornalismo, tamén traballou en Televisión de Ferrol e nun proxecto de televisión online. Así mesmo, ten presentado numerosos actos e eventos no Concello de Ferrol
FINALISTAS
AQUÍ SE PUBLICARÁN OS FINALISTAS DA EDICIÓN DO 2026
O Talentiño 2026 lévase a cabo gracias a:

Colaboran:


Contacta con nós
Podes contactar a través das redes sociais ou no correo



